Estamos ante un conxunto de relatos eróticos e independentes. Os argumentos que presentan son variados, así como os personaxes e situacións, que fan un percorrido polos distintos xéneros literarios. Os asuntos policiais ou situacións cómicas son algunhas das tramas ás que recorre Lourenzo e que coinciden unicamente no fondo erótico e sexual. Incluso nalgún destes episodios «hai algunhas historias de ciencia ficción. Todos teñen unha gran variedades de personaxes e situacións», comenta Manuel Lourenzo.