O Inflamable supón un exercicio de desmitificación e crítica nestes tempos duros de neoconservadorismo, recentralización e axustes e que supón así mesmo unha aposta pola que se deu en chamar a función lúdica da linguaxe. Por outra banda, a iconoclastia nos mozos é unha virtude e case unha necesidade.