Os membros da Red Temática de Investigación 'Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano' (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores, reúnen neste volume unha completa serie de traballos baixo o título Inmigración/Emigración na LIX.
O volume recolle diferentes achegamentos a un corpus de obras centradas nos fluxos migratorios que sen dúbida suscitan a reflexión, pois acollen as experiencias e identidades das persoas inmigrantes ao tempo que inciden nunha visión da literatura como vehículo de comprensión da sociedade multicultural que nos toca vivir e lles ofrecen aos máis novos a oportunidade de interactuar con novas maneiras de ver e construír o mundo.