Insubmisión ambigua

Autor
Ánxela Lema, Ana Amigo
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788411106153
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
192
Formato
Rústica
Colección
Ensaio
Peso
297 gr
Dimensiones
14,5 x 22 x 1,4 cm
19,95€

Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica. Se a fluidez ou a ambigüidade se senten como ameaza en tantos espazos débese, en gran medida, a romperen cos binarismos. A incapacidade de poder situarnos nun sitio ou noutro, de sabernos en continuo movemento, incomoda. O cisheteropatriarcado quérenos ordenades, predicibles e ben definides. Por iso, nós reivindicámonos ambigües, confuses, inestables, indóciles, desobedientes e problemátiques, porque se iso molesta débese, xustamente, a que fai cambalear todos os sistemas: o cisheterosexual, o monosexual e o monógamo. Aí encóntrase, baixo o noso punto de vista, a verdadeira revolución. Tratando cuestións tan porosas, facíanos falta un enfoque colectivo, porque xuntes somos máis fortes, crecemos e creamos mellor. Aquí poderás encontrar textos de persoas que, tal como fixeron no seu momento quen representaron o fenómeno da insubmisión, se negan cada día a se incorporar a filas, pero tamén a declarar obxección de conciencia. Así, este libro-aquelarre ofrécenos desde textos máis biográficos e políticos, até textos máis literarios que contribúen á creación dun imaxinario artístico e literario non-monosexual, falamos desde e para a periferia, tamén territorial e lingüística.