Con case cen anos, a avoa Maruxa tivo tempo abondo para coñecer ananos, xigantes, cíclopes, atlantes e tamén algunha fascinante bruxa: meigas elegantes; outras, arrepiantes; cun humor brillante; con peor talante… mais ao final todas se facían querer.
Entre viaxe e viaxe, fixo un inventario algo estrafalario, mais aqueladiño, das meigas que foi atopando no camiño.
Cando o rematou, vendeullo a un anticuario e, co que que gañou, mudouse a un balneario.
Din que alí segue aínda hoxe Maruxa. Non será ela tamén un pouco bruxa?