“Inventario ilustrado de animais” reúne sobre un cento de exemplares de fauna representativa de todo o mundo, tanto vertebrados -mamíferos, aves, peixes, anfibios, réptilescomo invertebrados, que con más de 60 clases, representan o 95% das especies animais. De cada un indícase o seu nome científico e común, e engádese unha descrición que acompaña a ilustración, naturalista e coloreada con acuarela... Imos facer inventario, que é como dicir, isto é o que nos queda. Mirade que diversidade: hai animais nos polos, nos desertos, nos océanos e ata nas granxas. Pero, fixádevos ben por exemplo na foca monxe, no ano 2008 quedaban menos de 500 exemplares en todo o mundo. Mirade para o tigre, que marabilla; é o felino máis grande do planeta, é moi territorial e necesita de grandes espazos para cazar, así que a deforestación da selva fai que cada vez sexa máis complicada a súa supervivencia. Tamén para o oso polar o quecemento global é unha ameaza, pois está a destruir moi rapidamente o seu hábitat natural, poderíalle pasar como ao órix branco, que xa non se atopa en estado salvaxe.