Unha pequena historia da vida na Terra, dende as súas orixes hai 4300 millóns de anos, é o punto de partida do “Inventario ilustrado de dinosauros”, que reúne 47 especies agrupadas en períodos xeolóxicos: dende o Triásico, con exemplares como o Mussaurus patagonicus; seguindo polo Xurásico coa presenza do Diplodocus carnegii; ata o Cretáceo, cando habitou o Tyrannosaurus rex.