?Inventario ilustrado de insectos? reúne 65 especies de insectos de procedencia europea e do resto do mundo: coleópteros, lepidópteros, dípteros, himenópteros, isópteros...Só os artrópodos xa representan máis do 80% dos animais que habitan no planeta. Os científicos, que teñen catalogadoun millón de tipos de insectos, calcu lan que a cifra real está entre os cinco e os dez millóns de especies. Con todo,son criaturas moi útiles, posto que colaboran na polinización das florese son o sustento doutros animais. As ilustracións deste libro son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos cadernosde campo de antano: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas que favorecen o xogo de cores e as transparencias.