Sinopse
A nova novela de Paul Auster. Unha viaxe polas escuras estremeiras que separan verdade e memoria.
Escrita seguindo o fío dunha narración en espiral, Invisible conta a historia de Adam Walker, un estudante da novaiorquina Universidade de Columbia que, nunha festa, coñece unha parella de franceses, o enigmático Rudolf Born e a sedutora e silandeira Margot. As relacións deste triángulo perverso van involucrar a Walker nun inesperado acto de violencia que alterará o curso da súa vida.
Nesta novela, Paul Auster apreixa o lector nunha trama que se espalla desde os anos de oposición á guerra do Vietnam, na década de 1960, ata os inicios do século XXI