Iraq: Días De Posguerra

Autor
Javier Teniente Lago
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497820882
Idioma
Gallego
Nº de páginas
120
Formato
Rústica
Colección
Crónica
18,80€

Sinopse O Iraq da posguerra é unha mestura de horror, tensión, medo, sufrimento, sorpresa e morte que impregna a vida dos seus habitantes. Tras a invasión, o soño dun país mellor quedou convertido en pesadelo. Este libro non é unha análise xeopolítica da situación do Iraq ocupado. Este volume recolle as reportaxes fotográficas realizadas nas viaxes de Javier Teniente, un correspondente galego que fixou a súa mirada sobre as verdadeiras vítimas desta situación estremecedora. Esta é a crónica de urxencia dun fotógrafo valente que retrata o que pasa en Iraq a diario, dende a miseria dos hospitais de Bagdag, onde se realizan operacións a vida ou morte en inmundas salas de quirófano, os caídos anónimos dos centos de tiroteos, ata a vida dos nenos e mozos que inventan cada día as súas vidas nas rúas da capital. O medio centenar de fotografías v precedido por un limiar de David Beriain, correspondente de “La Voz de Galicia” no conflito iraquí. Un documento, pois, da esperanza de que as cousas cambien