Iridium

Autor
Francisco Castro,
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788491511939
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
108
Formato
Rústica
Colección
Infantil e xuvenil / Plan lector
12,40€

Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo. Esta novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, coma tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. Pero Iris ten, ademais, unha discapacidade froito dun accidente de tráfico que lle deixa secuelas importantes. É unha raíña do Instagram, onde ten milleiros de seguidores en todo o mundo. Seareiros que ignoran o que lle pasa e que se o soubesen igual non a quererían tanto. É, pois, unha novela de denuncia da hipocrisía de moitos “normais” que desprezan a todas e a todos os que son diferentes. Mais, sobre todo, Iridium conta unha historia de amor. Porque todas e todos, independentemente do que nos suceda, sentimos igual. E Iris sente, e goza, e chora, e ri, e sofre coma calquera.