Isto é Londres é o segundo dos álbums creados polo ilustrador checo Miroslav Sasek (1916-1980) dedicados ás cidades do mundo, que recupera El Patito a partir da súa edición orixinal de 1959. A obra presenta, cunha ollada brillante e ateigada de encanto, un percorrido pola cidade de Londres co que gozarán tanto os pequenos lectores coma os adultos pola exposición directa e sinxela dos textos e as súas sempre sorprendentes ilustracións. Sasek evoca o espírito da cidade, que nos recibe coa súa característica brétema e nos despide coa chuvia, amosando unha completa información sobre as súas xentes, a indumentaria, o transporte local, os parques, as prazas, o río, a hora do té, o caos de Piccadilly... Outra viaxe da man dun clásico