Máis dunha trintena de accións e de emocións represéntanse, por parellas e de xeito confrontado, neste libro visual de Tomi Ungerer. As únicas palabras que contén son as que identifican cada ilustración: rir - chorar, amar - compartir, ver - mirar, cantar - bailar? Trátase dunha obra pensada en especial para os máis cativos, na liña de títulos anteriores como «Onde está o meu zapato?» e «Caracol, onde estás?», que se remontan á década de 1960.