Ith

Autor
Silvestre Gómez Xurxo
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483026892
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
104
Formato
Rústica
Colección
Merlin
8,95€

Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoroso, o rei de fácil palabra fundador da Brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faro da costa, Ith divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar e soña con chegar a elas algún día. Ao mando de tres barcos e trinta homes, Ith emprende unha viaxe na procura das terras soñadas. E chega á verde Erín, un país moi semellante a Brigantia. Alí encontra a amizade dos seus habitantes, aínda que tamén acabará atopando o veleno da traizón. Ith é unha trepidante novela de aventuras, narrada con poderoso alento épico. O autor, Silvestre Gómez Xurxo, recrea un dos máis significativos episodios da historia mítica dos celtas que habitaron o noso país. A necesidade de transmitir a memoria colectiva, o valor e a lealtade son algúns dos temas deste libro para lectores de once anos en diante, ilustrado por Francisco Bueno Capeáns.