Vanesa Martínez Sotelo e Begoña García Ferreira foron as gañadoras do IVº Premio de Teatro Radiofónico “Diario Cultural” da Radio Galega polas súas obras Indoor (Premio do Xurado) e O vento da illa (Premio da Audiencia). O xurado, formado por Ánxeles Cuña, dramaturga e directora de teatro; Rubén Ruibal, dramaturgo e gañador da III edición do premio; Camilo Franco, xornalista e crítico de teatro; María Paredes, coordenadora da programación de Agadic e Ana Romaní, directora do Diario Cultural da Radio Galega, acordou concederlle o premio a Indoor. “En Indoor créase un microcosmos de personaxes oprimidas por un contorno mecanizado e economicista onde se verten palabras, “salvavidas”, que deixan entrever soidades, desexos e fustracións. En nove secuencias vese a mecánica dun tempo que esnaquiza. Fascinante!” (Ánxeles Cuña) O libro cedé coeditado por Xerais e a Radio Galega, ademais das dúas obras gañadoras, inclúe os textos e as gravacións da obra finalista Nunca me esquecerei de ti de David Rodríguez Rodríguez