Estrañamente, a cociña é o lugar onde Mikage se sente máis arroupada tras a morte da súa avoa, única persoa coa que vivía. Un día, un mozo veciño chama á súa porta e ofrécelle que vaia vivir con el e coa súa nai durante un tempo. Cando o mozo lle confesa que a súa nai non é realmente a súa nai, os dous inician unha profunda amizade. Banana Yoshimoto narra unha historia do Xapón contemporáneo, cunha delicadeza que embeberá por completo o lector nesta obra, tanto na súa cara dramática como na beleza con que debuxa a amizade e o amor.