Sinopse
En certa ocasión, hai diso xa moito tempo, vin un fantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que o vín. Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa e, a pesar de que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é o que poderíamos chamar unha novela de terror. Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante décadas.