Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas porque está namorada dela. Sabela traballa atendendo os artistas da súa peculiar galería e ofrécelle á súa amiga todo o seu apoio. Ignacio Vidal Portabales indaga nesta obra, gañadora do Premio Manuel Lueiro Rey, na temática do amor feminino con humor, delicadeza e fortuna.