Sinopse
Unha novela feita co tecido de varias historias que nos contan distintos episodios desa epopeia sen fin que consistiu na conquista de América. Nese marco grandioso, un conxunto de crioulos descendentes de galegos e mais de galegos forzados á aventura sofren, aman, odian. É dicir, viven.