LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN

Autor
Nacho Taibo
Editorial
Edicións Laiovento
ISBN
9788484877172
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
99
Formato
Rústica
Colección
COLECCION XERAL
Ilustrador (portada)
Alberto Ribas Álvarez
Peso
175 gr
Dimensiones
140 x 210 x 6 cm
14,96€

"Levitación, nivel iniciación" é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade. No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde algúns veneran a Alemaña triunfante, abrolla un tenue amor entre Ákira e Isaura, filla daqueles galegos, sobrevoando as abismais diferenzas culturais que o xaponés enfronta con valorosa vontade. No medio interponse, acaparador, Cholo, irmán da rapaza, un falanghista convencido, aproveitado, chupón e lacazán, tan xermanófilo como para seguir ao minuto a visita do xerarca nazi Himmler. Malia o sentido poético da vida que o oriental desprega, Cholo chega a ser un dos protagonistas desta historia, contra a súa vontade –supoñemos– e a nosa. Mentres o xentil diplomático segue levitando en segredo, en ningún outro lugar que en Galiza. Despois, a barafunda da Guerra Mundial arredaraos, levando o Ákira moi lonxe, perdido no turbillón tumultuoso da Historia. Sen remisión, aparentemente, pois a loura Isaura e o diplomático seguen camiños moi diverxentes. Á volta do novo século, superando a distancia no espazo, o sentimento renacerá baixo a forma dunha fiel, honesta e sosegada amizade que non se detén ante océanos nin continentes.

libros mas destacados (132) , novedades (71)