Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposicións doutros ou fóra do dominio de alguén.
É esta a situación do galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento? Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos? Ten a presenza necesaria para asegurarlo? Podemos dispor dela en todo e para todo?