Libro Da Empanada, O

Autor
Fina Casalderrey Fina Casalderrey, Noemí López
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497824187
Idioma
Gallego
Nº de páginas
248
Formato
Rústica
Colección
Gastronomia
31,50€

Sinopse A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. É, abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo. De raxo, de xoubas, de polo, de ameixas, de bacallao con pasas, de lamprea, de millo con chocos, de centeo con sardiñas, de carne, de roxóns, de millo con zamburiñas, de vieiras, a costrada, as de cu de tarteira..., son os mil traxes que ela ten para se vestir nas festas, nas romerías, nas celebracións domésticas ou nos mellores restaurantes. Por iso é o producto galego máis universal. Fina Casalderrey e Mariano García percorreron o país na procura das mellores empanadas de Galicia, pescudando na nosa historia e na nosa cultura para escribir un libro que arrinca no Pórtico da Gloria ou nos Cancioneiros Medievais e chega aos nosos días. ¡Unha viaxe fascinante! A súa cultura, a súa historia, os amoados, as zaragalladas, os guisos e mexunxes, os amasados, fermentos e fariñas, a preparación, os mellores trucos, as súas receitas, mesmo a súa conxelación. - todo está neste libro co que os autores pasarán de seguro a convertirse nas primeiras autoridades deste prato rei da cociña galega