A Terra Chá, Vigo, Corcubión e Lugo, toda a Galicia máxica recollida neste rexistro de moradores. Trasnos, ananos, valuros, serpes, fadas e tardos conviven nesta cidade de vidro con Francesco Petrarca, Méndez Ferrín, Guido Calvanti, o pintor Lugrís, Álvarez Blázquez ou o poeta Manuel María. Seguindo a tradición literaria do noso país, o autor continúa o facer narrativo do Castelao dos cincuenta homes e o Cunqueiro dos outros feirantes.