Sinopse
O licor café, bebida fortemente vinculada a Galicia, é o leiv motiv para o desenrolo de trece historias curtas de estilo moi diverso, que como pequenos grolos, ofrecen unha rápida degustación do que están a facer na actualidade este refresco xeracional de creadores. O panorama creativo do cómic galego segue a medrar en cantidade e así o demostran nesta ocasión: Kike J. Díaz, Santiago Paredes, Xulia Vicente, Xulia Pisón, Luis Yang, Uxía Larrosa, Cristian Fojón, Debelius, Paula Esteban, Inés Vázquez, Mateo Alvarellos, Gaudino e Dani Xove.