máis penoso ca unha besta
humanizada, mutílame
apaticamente coa mesma
elegancia fácil coa que
corta o tofu. chúchame os ósos
para escindilos do pecado
e prende lume a toda lembranza.
entón fico febre vibrante xelatinosa
e ocupo inmóbil o espazo absurdo
entre dúas fendas.