Linguas E Literaturas Celtas: Orixe E Evolución

Autor
Ramón Sainero
Editorial
Editorial Toxosoutos
ISBN
9788495622853
Idioma
Gallego
Nº de páginas
322
Formato
Rústica
16,00€

Sinopse As linguas celtas fálanse actualmente en Irlanda, Escocia, Gales e a Bretaña Francesa. En Cornualles os derradeiros falantes de córnico (irmán achegado do celta galés) morreron no s. XVIII. O celta galo e o celta hispano desapareceron moito tempo antes baixo o dominio romano. Neste libro ofrecemos un estudios das primitivas linguas celtas; en especial do irlandés, posuidora dunha literatura de gran beleza temática. As literaturas celtas son as máis antigas de Europa despois das de Grecia e Roma. O mundo literario da primitiva sociedade celta, en especial a irlandesa e galesa, ofrécenos un conxunto de obras que, pola súa coidada elaboración e beleza e contido histórico, merece ocupara un lugar de honor na cultura occidental. Como colofón cabe dicir que este é o primeiro libro que fornece un estudio detallado das linguas e literaturas celtas no seu pasado e no presente, ao tempo de ofrecer unha morfosintaxe básica da lingua celta cun método de pronunciación figurada -usando o alfabeto fonético internacional- das frases e oracións básicas de uso cotián da lingua gaélica, cousa pouco ou nada usual noutros métodos de ensino desta lingua.