Long Play

Autor:
Lois Pérez Díaz
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788491212935
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
189
Formato
Rústica
17,10€

" Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de" jukebox de autoxeografía" . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da" twitteratura" a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a" aritmética beatle" : letras tristes + alegres melodías. A" forma" do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún" riff" de humor ?se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!? e evasións cara" outros territorios posíbeis" ; concíbese o propio proceso de creación como un" crescendo de arte e ensaio" pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda. A" ledicia blue" que agroma do triste. A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.