LOTE DO AGRO. INCLÚE LÁMINA DE CESTOLA NA CACHOLA

Editorial
Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega
ISBN
9788412463576
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
322
Formato
Rústica
Colección
Rustica
49,90€

Lote que contén tres libros: Permacultura 1ªEd., A degradación do solo, e Árbores que non arden.

Velaquí un conxunto de obras que falan da contorna e da nosa pegada e achegan fórmulas, consellos, prácticas útiles para coidar da contorna do agro e das eiras.
Dende o estado actual dos nosos solos até as solucións para coidar deles, reivindicando o apoderamento do ecofeminismo e da resiliencia e a soberanía alimentaria que podemos acadar facendo cousas pequenas que mudan o rumbo.
Este lote achega tres obras esenciais do catálogo de Catro Ventos Editora a un prezo especial. Unha oportunidade para reconectar coa Terra desde a perspectiva ecosocial tan arraigada no rural galego.


A degradación invisible do solo, de Gerth M. Neugebauer
—-
A meirande catástrofe ecolóxica está a pasar case inadvertida: cada ano desaparecen no mundo sete millóns de hectáreas de terra fértil, unha superficie equivalente a máis do dobre de Galicia.
Con exemplos sobre o estado de degradación dos solos en Alemaña, Austria e a costa mediterránea da Península Ibérica, e unha análise dos factores causantes, Gerth M. Neugebauer expón, sen medias tintas, os graves riscos aos que se enfron-ta Europa, así como os mecanismos económicos e os instrumentos lexislativos que promoven tal destrución, unha imaxe na que tamén se reflicte Galicia e que debe servirnos de advertencia.
Porén, esta obra tamén dá motivos para a esperanza e recolle un pequeno catálogo de experiencias transformadoras reais que, especialmente no ámbito urbano, amosan o camiño cara a unha mudanza ecosocial sustentada por solos sans.

Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais, de proxecto Batefogo
—-
Nunha panora´mica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres resulta aparentemente anecdo´tica. A su´a visibili-dade nos distintos escenarios do complexo quebracabezas que supo´n a problema´tica dos incendios forestais en Galicia e´ moi reducida; demasiado…
Fagan memoria das noticias sobre a autori´a dos lumes, das imaxes do servizo de extincio´n, dos comite´s da administracio´n autono´mica ou dos foros de debate sobre os lumes, o ordenamento e a xestio´n do territorio. E´ que elas non prenden? Non apagan? Non deciden? Non reflexionan sobre os incendios forestais, as su´as causas e consecuencias?
Para tentar dar resposta a estas preguntas, o equipo do proxecto Batefogo reúne neste volume achegas de diferentes auto-ras que, desde a súa disciplina, reflexionan sobre o papel das mulleres na prevención e extinción dos incendios forestais.

Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor, de Alexandre Grande Babarro
—-
Velaquí unha caixa de ferramentas coas que facer fronte á crise ecolóxica, social e sistémica mundial. Atoparemos neste libro unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos e recursos. O autor com-pleta ademais a súa achega coa presentación de proxectos activos en Galicia que traballan cara á transición. Coñecer esta vangarda galega servirá de estímulo ao apoderamento e o emprendemento doutros proxectos de transformación ecosocial.
Con esta obra non coñecerás só os trazos puramente ecolóxicos da permacultura, senón tamén os aspectos sociais, eco-nómicos e persoais. Ademais de vivirse no campo e na natureza, a permacultura vívese nas relacións entre as persoas e coa contorna, e nas iniciativas de comunidade.