Lucía era un misterio, e ninguén, nin sequera a súa propia familia, desvelárao. A rapaza pasaba a maior parte do día na casa, sen facer ren, a escribir nuns cadernos que logo escondía con coidado ou a mirar pola fiestra para o ceo, como a esperar algo ou alguén que non chegaba.