Sinopse Unha disección crítica da realidade política e oficial galega da ''era Fraga''. Humor e comicidade en primeiro plano, o esperpento coma arma literaria, as luces e as sombras xacobeas nun xogo de espellos que amosa unha realidade coñecida por todos. Unha obra na que o curioso lector atopará as claves verdadeiras para o entendemento da historia recente de Galicia