Sinopse
Unha presa de pequenas historias que reflicten de maneira fiel unha parte significativa da cociedade galega actual. Restratos extraídos da vida cotiá, describen polo miúdo os rasgos físicos e psicolóxicos dos protagonistas, moitas veces cargados de dozura, como a nena Luz Divina. Historias que semellan retallos frescos e vivos da realidade que nos rodea con esa capacidade identificadoria tan característica da obra de Vaamonde. (Xulio L. Valcárcel)