Máscaras de Espellos, foi escolleita polo xurado por posuír "unha escritura de grande altura estética, que amosa un excelente dominio da fórmula versal e o emprego dunha imaxinería neosurral que abisma na interioridade de universos líricos de fascinio, atento tanto ás escenas do mínimo cotián como aos grandes sucesos do devir colectivo. Poderosa dicción, contención e fulguración na palabra revelan neste poemario unha voz senlleira que moito presta visitar".