A novela desenvólvese en 1939, nas postrimerías da contenda. Os Cubellas son unha máis das tantas familias que se atopan entre os perdedores da guerra e que se ven obrigados a tomar o camiño do exilio. A partir dese momento empeza unha dura loita pola supervivencia que pasará polos campos de refuxiados, o frío, a fame, a miseria e a ausencia de liberdade. O protagonista da novela é Emilio, o fillo único do matrimonio Cubellas, un rapaz que vai medrar nas durísimas condicións impostas pola derrota en España e polo inmediato estoupido da guerra en Europa. Emilio vai ser consciente de que el tamén ten un papel que desempeñar na loita pola salvación da súa familia.