"Libro de poesía infantil ao redor do mundo das froitas. Os e as lectoras poden ir descubrindo a riqueza froiteira de Galicia mediante versos e unhas ilustracións evocadoras e moi divertidas. Este libro amais de lírico é informativo xa que permite que as crianzas aprendan os nomes das froitas en galego. Para facilitar o traballo escolar con este libro, preparamos unhas unidades didácticas que permitirán o uso na aula destes zumentos e nutritivos poemas."