Un trompetista sae, cumprindo o seu soño, coa vedette do teatro no que traballa. Para coller azos bebe de máis. Darase de conta de que se realmente a leva á cama pode que non estea á altura. Á mañá seguinte de se cumprir tan temido fiasco sobrevenlle unha erección que non cesará en toda a novela. Este é o comezo de `A magnitude da traxedia´, unha novela sobre o amor, o odio, a soidade, o paso inapelable do tempo e a inevitabilidade da morte.