Magumba.Contos Estraños

Autor
Fabian Plaza Miranda
Editorial
Contos Estraños Editora
ISBN
9788493971236
Idioma
Gallego
Formato
Rústica
Colección
Rustica
16,00€

Esta novela narra a viaxe iniciática dun aprendiz de xamán, acompañado polo seu mestre rosmón e a xornalista europea Jane por unha África moi particular. No seu periplo aparecerán personaxes tan estraños e dispares como Tartán o home mono e o seu chimpancé Chitón, o científico Frank N. Stein ou o sufridiño Angagua, o elefante: todos eles cun papel decisivo para lle axudar a recuperar o ídolo sacro da súa tribo. Saltando dunha situación cómica a outra, o pintoresco trío de exploradores percorre unha curiosa parodia do Continente Africano co obxectivo de recuperar o ídolo e restablecer o equilibrio cósmico. Esta divertida ópera prima de Fabián Plaza non deixará indiferente a ninguén e arrincará aos lectores máis de unha, de dúas ou dunha morea de gargalladas.