Mal De Pedra

Autor
Milena Agus
Editorial
Factoria K
ISBN
9788496957909
Idioma
Gallego
Nº de páginas
96
Formato
Cartoné
Colección
Narrativa K
14,00€

En Mal de pedra, unha moza, mentres prepara o seu casamento, recorda a vida da súa avoa: unha muller sarda, romántica e ilusionada, que procura o amor ideal. Máis a familia obriga a muller a casar cun home do cal non está namorada; un home que debe aceptala para saldar débedas coa familia dela. Ao pouco de casar, a muller ten que visitar un balneario na península para curar o seu mal de pedra, e alí atopará o amor desexado. Cunha linguaxe sinxela, fermosa, e chea de sensibilidade, que a vez transmite unha fonda emoción, Milena Agus ofrécenos esta obra delicada e intensa, e transpórtanos a un mundo a cabalo entre a realidade e a fantasía. A historia da avoa é a imaxe da dura vida en Italia despois da Segunda Guerra Mundial máis tamén un exemplo para perseguir os sohos. Mal de pedra, publicada no 2006, é a segunda novela de Milena Agus. Con ela conseguiu o reconecemento internacional. Traduciuse a máis de vinte e cinco idiomas e vendeu máis dun millón de exemplares.