Males De Cabeza

Autor
Fran Alonso
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483025468
Idioma
Nº de páginas
208
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
17,30€

Sinopse En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana na que o autor nos descubre, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, unha escrita persoal, caracterizada pola axilidade narrativa e a orixinalidade da súa estructura. Da man de diversos personaxes nos que, nalgunha medida, a sociedade finisecular está representada, o autor ofrécenos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a todos nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a tolemia. Dende as discusións de parella ata as tensións provocadas polo tráfico, dende o problema das adolescentes anoréxicas ata os ciumes, dende as dependencias das drogas ou do alcohol ata a hipocondría, dende a angustia que xenera soidade ata as discusións de fútbol, dende a paranoia á esquizofrenia extrema, o vento que sopra dende as entrañas da cultura urbana contemporánea arrástranos, hoxe, entre as follas invisibles dunha neurose colectiva.