MANCHEA

Autor
Andrea Freire
Editorial
Baía Edicións
ISBN
9788499954646
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
72
Formato
Sin clasificar
Colección
BARRIGA VERDE
Ilustrador (interior)
Lola Villa Pérez
17,00€

Gañadora do XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (categoría infantil) 2024 Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nesta emocionante e sorprendente aventura. Esta é unha historia en verso, pero tamén en prosa, de estereotipos e autoafirmación, de discriminación e inclusión. As protagonistas, a través da amizade e a confianza en si mesmas, comezarán a cuestionarse os condicionamentos familiares e sociais para descubrir que non é necesario falar para atoparen a súa propia voz.