Manoel-Antonio De Catro A Catro

Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484871835
Idioma
Gallego
Nº de páginas
352
Formato
Rústica
25,00€

A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio con-verteuno en autor moito máis admirado do que lido. Non sorprende: cos textos de vangarda, as características da súa linguaxe fan necesario un traballo de explicación e análise para o lector poder realizar con eles un triplo proceso: ler, sentir e pensar. Non outra cousa significa a lectura, cabal-mente entendida. A orixinalidade deste volume consiste en facer accesibel, intelixibel e apaixonante un texto que arrastra unha infeliz reputación de dificil, ate tornar evidente por que De catro a catro constitue unha das obras maiores da vangarda peninsular no S. XX. A tal fin, son percorridos os dezanove poemas do libro e esa obstinada circunnavegacion e complementada con achegas de caracter máis ensaístico para arredondar a interpretación e permitir un xogo de ida e volta entre a análise dos textos e a reflexión sobre o literario galego, o lugar nel de Manoel Antonio, ou a sutil forma en que vampiriza a estética das vangardas históricas. Por tanto, este libro querería ser útil para os amantes da literatura, os profesionais do ensino, os investigadores e, en xeral, todos os que queiran viaxar ate o amago da experiencia literaria en que o rianxeiro esgotou a sua vida para nos deixar un legado de inconmensurábel abertura.