O cultivo dos ourizos de mar e un tema de actualidade na comunidade da bioloxía mariña e acuicultura. Este manual poderá servir de referencia e de fonte de inspiración para quen queira aprender máis sobre a bioloxía xeral dos ourizos de mar grazas a coñecementos actualizados, explicados de forma moi detallada pero docente que permitirá a estudantes, investigadores e membros da cadea extractiva e comercializadora acceder a información actual, coas últimas tecnoloxías obtida de dous proxectos investigación recentes realizados na Universidade de Vigo.