Axudar a coñecermos polo miúdo un dos períodos básicos da literatura galega e facermolo co apoio dun estudio riguroso e claro e dunha escolma de textos extensa e dabondo representativa, velaquí o obxetivo dun libro que ofrece ó lector e mais ó estudiante unha perspectiva sucinta e útil das obras e dos autores do Rexurdimento, incluíndo os textos máis significativos de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, amais dunha introducción á narrativa da época.