Manuel Branco Romasanta. O Lobishome Asasino

Autor
Xose Ramon Mariño Ferro
Editorial
Edicions Nigra Trea, S.L.
ISBN
9788495364494
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
155
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
10,00€

Manuela Branco Romasanta, o lobishome asasino é a crónica do home lobo Romasanta, baseada no sumario do xuízo que se conserva completo no Arquivo do Reino de Galiza baixo a signatura 1788. É un dramático documento sobre a cara oculta da especie humana e un bo retrato da sociedade do seu tempo, primeira metade do século XIX, con datos sobre a vida cotiá, economía, vestimenta, medicina, administración de xustiza e, por suposto, sobre determinadas crenzas tradicionais. O caso e a complexa personalidade do protagonista, un ser ambiguo, afábel, sedutor, devoto e á vez sospeitoso de crimes horrendos, que atraeron, aínda que non sempre por as mesmas razóns, as xentes do campo e as da cidade, a autores de romances populares, a xornalistas, a escritores e a cineastas. Ao final o autor contribúe a unha das múltiples lecturas posíbeis dos feitos, realizada desde a antropoloxía en colaboración con outras ciencias, nun intento de aclarar por que Branco Romasanta se convertía en lobo