Don Manuel Murguía, figura fundamental do Rexurdimento da Cultura Galega, tivo unha vida intensa e longa, dedicada a abrir os cofres da nosa historia. El entrou ós arquivos e remexeu nos andeis, escoitou as lendas e defendeu o ideario do galeguismo, animou ós escritores e poetas do seu tempo para que escribisen en galego, e que divulgasen na súa obra a idea dunha nación chamada Galicia, liderando ás principais figuras e movementos culturais do seu tempo