Manuel Murguía

Autor:
Henrique Rabuñal Corgo
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788489896529
Idioma
Gallego
Publicado
1999
Nº de páginas
180
Formato
Rústica
10,60€

O presente libro propón-nos unha viaxe, ao tempo rigorosa e emocionada, pola biografia intelectual de Manuel Murguia durante a cal se percorre a história galega desde o levantamento de Solis en 1846 até os tempos esperanzados da II República.

Na viaxe, xunto ao do Patriarca arteixán, outros nomes van cobrando vida: Aguirre, Pondal, Vicetto, Rosalia, Curros...

Henrique Rabuñal quixo salvar do esquecimento, xustamente no 75º aniversário do seu pasamento, un dos nosos primeiros historiadores, un dos teóricos paradigmáticos do nacionalismo, pero tamén o xornalista comprometido, o crítico de arte e literatura, o home enfin que simbolizou como ninguén e durante case un século o compromiso con Galiza.

Esa pretensión é a que levou ao xúri do Prémio Carvalho Calero a galardoar este ensaio chamado a converter-se en referéncia bibliográfica imprescindíbel dunha das personalidades máis ricas e emblemáticas da nosa história contemporánea.

Premio Carvalho Calero de Ensaio 1998.