O libro de Daniel Palleiro nace do traballo de investigación académica que levou a cabo sobre o movemento libertario de comezos do século XX no barrio das Atochas e Monte Alto. Este traballo deu lugar tamén ao colectivo Refuxios da Memoria, que recolle a información reunida nunha web e leva uns anos organizando as xornadas “Memorial libertario. O barrio non esquece”.