Marcapáxinas con deseño exclusivo de Animosa adicado á nosa nai. Porque non hai ninguén que mereza máis o noso agradecemento, por coidarnos, polo seu agarimo incondicional, por estares sempre ao noso carón… Un bo agasallo para que o día da nai, do seu aniversario, ou calquera día porque si, lembre que a queremos. E o resto de días, moitos aloumiños para que non se esqueza!
Tódolos nosos marcapáxinas levan unha fita co bordado de Animosa na parte superior e veñen presentados en bolsiñas individuais. Lévao sempre au teu carón, gárdao no teu libro favorito, ou regálallo á túa mellor amiga.
Deseñados e fabricados en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.