Marisela E O Roxo

Autor
Geovanys F. García
Editorial
Editora Oqo
ISBN
9788498712384
Idioma
Gallego
Publicado
2011
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
16,00€

O amor xurdiu no mercado, cando un mozo de pelo roxo lle regalou á princesa unha mazá, malia que lle podía caer un lapote dun garda real, que daquela non andaban con andrómenas. Marisela aproveitou a ocasión e, sorrindo con picardía, soltou unha frase para a historia: –Non será esta a mazá envelenada de Brancaneves? A princesa Marisela argalla un divertido plan para que o seu príncipe, que non é azul senón roxo, a rescate da torre. O seu amado –que nada ten que ver cos caprichosos príncipes dos castelos veciños– burla muros e vixilancias e consegue entrar no cuarto da princesa. Moitos serán os encontros ás agachadas, pero para que o asunto acabe en voda, aínda que sexa por decreto e non por convicción, Romeo (que se chama así por ironías da historia) terá que enfrontarse cun terrible dragón –porque ata un dragón conseguiron, para lle dar ao asunto un toque serio… e sinistro!