Martín Códax. O Son Das Ondas; As Sete Cantigas; O Pergamiño Vindel

Editorial
Real Academia Galega
ISBN
9788487987663
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
76
Formato
Cartoné
Colección
Rustica
36,00€

Hai cen anos que as cantigas de Martin Codax (como tales cancións) foron descubertas por Pedro Vindel, un libreiro, que, co seu olfacto bibliográfico, arrincou da envoltura dun trivial códice latino do século XIV un corpus literario-musical que sospeitaba extraordinario. Sospeitaba ben, como non tardou en confirmarllo un erudito pontevedrés chamado Víctor Said Armesto. De todo isto -e doutras cuestións- fala, neste volume, Henrique Monteagudo, especialista no tema e nas disciplinas filolóxicas que avalan os seus estudos, as súas edicións e as súas traducións. Neste xeitoso volume, ademais dos facsímiles oportunos das “edicións” medievais e dun estudo impar de Giuseppe Tavani, ofrécense as versións dos sete poemas en oito idiomas para que a voz de Martin Codax chegue aos letraferidos de moitos outros países. A Academia, que tantas veces se interesou polo delicado cancioneiriño de Martin Codax, non podía estar allea ao centenario do Pergamiño Vindel.