Sinopse
Este volume reúne máis de 70 poemas que o mesmo serven para ler, que para xogar, ou para as dúas cousas. Ordenados por temas, brindan unha oportunidade para que os primeiros lectores se familiaricen cos recursos da poesía: metáforas, rimas internas e externas, símiles. Hai poemas longos e curtos, alegres e tristes, divertidos e reflexivos, mais todos eles están elaborados cunha sinxeleza que non oculta a profunda bagaxe literaria do autor.